Ir o contido principal

Aberto ata o 9 de abril o prazo para inscribirse nas ‘Misións Comerciais en Feminino’ de Innovatia 8.3

Cartel da iniciativa
Cartel da iniciativa
Fomentar o espírito empresarial no ámbito científico-tecnolóxico entre as mulleres é a meta que se persegue con este programa no que intervén a USC
Lugo, Santiago de Compostela

A USC e o Instituto das Mulleres desenvolven conxuntamente o Programa Innovatia 8.3, co obxectivo de fomentar o espírito  empresarial feminino no ámbito científico-tecnolóxico. Baixo esta premisa e no marco deste programa, bota a andar a edición 2022 das ‘Misións Comerciais en Feminino’, iniciativa cuxo prazo de inscrición permanece aberto ata o 9 de abril e coa que se persegue dar a oportunidade a mulleres do ámbito universitario español para presentar os seus respectivos proxectos emprendedores ante entidades pertencentes a universidades e organismos públicos de investigación (OPIs).

Buscar colaboracións, intermediación, alianzas, financiamento ou asesoramento específico nalgunha fase do proxecto son tan só algunhas das prestacións que recibirán os proxectos emprendedores que se rexistren no programa. Ao mesmo, o prazo tamén está aberto para que grupos de investigación, institutos, centros, ou facultades poidan inscribirse como entidades receptoras para escoitar os proxectos seleccionados.

Innovatia quere introducir a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e na creación de empresas. Con esa tarefa, tenta analizar, comprender e corrixir os "rumbos de xénero" no emprendemento universitario, baseado na tecnoloxía e no coñecemento desenvolvido nas universidades e centros de investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.04.2022.