Ir o contido principal

Aberto o período de matrícula nas prazas vacantes dos mestrados da USC para o curso 2022-23

O prazo para a formalización de matrícula esténdese ata o 16 de setembro e as prazas iranse ocupando por orde cronolóxica. FOTO: Santi Alvite
O prazo para a formalización de matrícula esténdese ata o 16 de setembro e as prazas iranse ocupando por orde cronolóxica. FOTO: Santi Alvite
Esténdese do 19 de agosto ao 16 de setembro e as prazas iranse ocupando pola orde cronolóxica de formalización da matrícula na Secretaría Virtual
Lugo, Santiago de Compostela

O Servizo de Xestión Académica da USC acaba de publicar a listaxe de prazas vacantes para a matrícula en mestrados da USC no curso 2022-23. A relación inclúe 387 prazas dispoñibles para cursar estudos en 53 titulacións, ás que se suman outras dúas que contan con listaxes de agarda e que procederán con chamamentos individuais para esgotar as prazas dispoñibles.

O prazo de matrícula arrancou este venres 19 de agosto ás 10.00 horas e esténdese ata o 16 de setembro ás 23.59 horas. As prazas iranse ocupando por estrita orde cronolóxica de formalización da matrícula a través da Secretaría Virtual da USC. O Servizo de Xestión Académica irá publicando listaxes actualizadas das vacantes existentes con periodicidade semanal. A primeira destas actualizacións terá lugar o mércores 24 de agosto ás 14.00 horas e estará dispoñible na páxina web do servizo.

En caso de ser necesario para ocupar a totalidade das prazas, poderá haber unha ampliación do período de matrícula entre o 21 de setembro e o 3 de outubro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.08.2022.