Ir o contido principal

Aberto o prazo da convocatoria de axudas ‘José Otero-Carmela Martínez’ para alumnado de doutoramento da USC

Poderán solicitalas ata o 29 de xullo estudantado con menores recursos económicos matriculado nun programa de doutoramento da USC. Foto: Santi Alvite
Poderán solicitalas ata o 29 de xullo estudantado con menores recursos económicos matriculado nun programa de doutoramento da USC. Foto: Santi Alvite
Poderán solicitalas ata o 29 de xullo estudantado con menores recursos económicos matriculado nun programa de doutoramento da USC

A USC, en colaboración coa Fundación José Otero-Carmela Martínez, pon en marcha unha convocatoria de axudas para fomentar a investigación a través dos estudos de doutoramento de estudantado con menores recursos económicos ou que se atopen nunha situación persoal e familiar que o requira. O prazo para a presentación de solicitudes estenderase ata o 29 de xullo a través da Sede Electrónica da USC.

As persoas interesadas deberán estar matriculadas nun programa de doutoramento da USC e contar coa última avaliación anual positiva do seu documento de actividades e plan de investigación no curso 21/22. Para quen inicie os seus estudos, entenderase satisfeito se conta coa aprobación do seu plan de investigación. Ademais, será requisito ter unha renda familiar que se atope dentro do limiar 2 establecido no Real Decreto 154/2022 e estar censado nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.