Ir o contido principal

Aberto o prazo da convocatoria de bolsas para participar en programas de mobilidade con países extracomunitarios en 2012-2013

O alumnado matriculado nalgunha universidade do Sistema Universitario Galego é o destinatario das 98 bolsas convocadas pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a participación en programas de mobilidade con países extracomunitarios no vindeiro curso 2012-2013. Deste xeito, a administración autonómica busca apoiar a mobilidade de estudantes en programas de intercambio para así reforzar a aprendizaxe mutua, o traballo de cooperación, favorecer a mobilidade, compartir experiencias e coñecementos ou fomentar o aumento das competencias lingüísticas e profesionais, entre outros cometidos. As solicitudes poderán presentarse ata o próximo 30 de xuño, mentres que as listaxes provisorias serán expostas o 4 de setembro, estendéndose o período de reclamación do 5 ao 12 de setembro. Para acadar máis información, as persoas interesadas deberán dirixirse ao DOG do 29 de marzo http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120329/AnuncioG0164-210312-13722_gl.html

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2012.