Ir o contido principal

Aberto o prazo dos cursos deportivos de xuño e xullo

Aberto o prazo dos cursos deportivos de xuño e xullo
Aberto o prazo dos cursos deportivos de xuño e xullo

O Servizo de Deportes mantén abertos os prazos de inscricións de distintos cursos para o período de verán a celebrar entre os meses de xuño e xullo nos Campus de Santiago e Lugo. Esta mesma semana abriu para a comunidade universitaria o prazo para os cursos de GAP, ioga, pilates, ximnasia de mantemento, zumba e mantemento/aeróbic/steps do campus lucense. A partir da vindeira semana abrirase o prazo para o resto de persoas interesadas.

En Santiago ao longo de xuño e xullo, o Servizo de Deportes organiza un total de 18 cursos aos que se sumarán os de natación e actividades acuáticas. A programación para este campus comezará o vindeiro mes cos cursos de aerobic/steps, autodefensa, zumba e mantemento e mellor da condición da física. Ademais haberá outros de ioga, kung-fu, pilates, tai chi, mindfulness e ximnasia terapéutica, que ademais de en xuño celebraranse tamén ao longo de xullo. Neste último mes está previsto un curso de tenis que se desenvolverán en días quincenas.

Natación e actividades acuáticas
Nos próximos días o Servizo de Deportes dará a coñecer a programación de cursos de natación e actividades acuáticas do mes de xullo, que se suman aos sete xa previstos para o seu inicio o vindeiro mes. Neste senso, os máis inmediato serán os de aquagym, adestramentos máster e natación terapéutica para adultos, natación para embarazadas, natación maiores, natación para persoas nadas en 2003 ou anteriores e para nadas entre 2004 e maio de 2012.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.05.2018.