Aberto o prazo para facer observacións ao documento da CRUE ‘Universidad 2030: propuestas para el debate’

As presentación de achegas está aberta ao conxunto da comunidade universitaria ata o próximo 8 de febreiro
Lugo,
Santiago de Compostela
A CRUE mantén aberto ata o próximo 8 de febreiro un prazo para a presentación de últimas observacións ao documento ‘Universidad 2030: propuestas para el debate’, presentado na última asemblea xeral da Conferencia. Esta versión xa recolle comentarios recibidos das universidades e das comisión sectoriais durante o pasado mes de decembro.
A presentación de achegas está aberta ao conxunto do comunidade universitaria, quen poderá participar neste proceso enviando as súas observacións directamente á xecretaría xeral da CRUE a través do correo sgcrue [at] crue.org (sgcrue[at]crue[dot]org). O documento formúlase como unha reflexión sobre os retos e aspiracións da Universidade no futuro.