Ir o contido principal

Aberto o prazo para inscribirse nas Ligas Universitarias da USC

O prazo abrangue as inscricións dos equipos e xogadores/as que queiran participar nas ligas da USC para o que resta de curso. FOTO: Santi Alvite
O prazo abrangue as inscricións dos equipos e xogadores/as que queiran participar nas ligas da USC para o que resta de curso. FOTO: Santi Alvite
Ata o día 27 de febreiro, os membros da comunidade universitaria poderán tramitar a súa solicitude
Lugo, Santiago de Compostela

O Servizo de Deportes da USC acaba de abrir o prazo de inscrición para tomar parte nas Ligas Universitarias. Os membros da comunidade universitaria que así o desexen poderán tramitar a súa solicitude ata o día 27 de febreiro.

O prazo abrangue as inscricións dos equipos e xogadores/as que queiran participar nas ligas da USC para o que resta de curso e que deberán respectar o Protocolo  FISICOVID-DXT.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.02.2022.