Ir o contido principal

Aberto o prazo de inscrición do curso de bailes de salón no Campus de Lugo

Abre tamén o prazo para participar no segundo curso de fotografía dixital

A Vicerreitoría de Cultura do Campus de Lugo mantén aberto o prazo de inscrición para asistir ao curso de bailes de salón que se impartirá na Residencia Universitaria Bal y Gay todos os mércores, dende o 9 de decembro ata o mes de marzo, en horario de 19:30 a 21:00 horas.
O director do Espazo de Danza da USC, o bailarín e coreógrafo Juan Carlos Zahera, impartirá este curso, no que os asistentes poderán practicar diferentes modalidades de bailes de salón, dende os bailes clásicos aos latinos.
Fotografía dixitalEste martes, 1 de decembro, abre tamén o prazo de inscrición para participar no segundo curso de iniciación á fotografía dixital do Campus de Lugo, enmarcado dentro dunha actividade continua ao longo do ano nas modalidades analóxica e dixital, e que este curso académico incorpora dous módulos de iniciación e un de perfeccionamento.
O fotógrafo Fernando Gago impartirá este curso todos os luns, mércores e xoves, dende o 13 de xaneiro ata o 11 de febreiro, na Aula de audiovisuais da Escola Universitaria de Formación do Profesorado, en horario de 20:00 a 22:00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2009.