Ir o contido principal

Aberto o prazo de inscrición para membros da comunidade universitaria nas distintas modalidades das escolas de Natación e de Tenis

A Área de Deportes da USC acaba de abrir o prazo de inscrición para o primeiro cuadrimestre das escola de natación e actividades acuáticas e de tenis para membros da comunidade universitaria da USC.
No caso da Escola de Natación, os universitarios interesados poderán inscribirse nas modalidades de natación nenos (de 6 a 15 anos), natación deportiva (nenos nacidos entre os anos 96 e 99), natación adultos (dende os 16 anos), adestramento-máster (adultos), terceira idade, natación terapéutica e aqua-gym.
Polo que respecta á Escola de Tenis, as modalidades ofertadas son as de minitenis (4 a 6 anos), iniciación/iniciación avanzada, perfeccionamento, alto nivel e alto nivel/competición.
En ambas as dúas escolas, o prazo de inscrición para as persoas alleas á comunidade universitaria comeza a vindeira semana, o luns 24. Para acadar máis información ou formalizar o proceso de inscrición nestas convocatorias, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas da Área de Deportes na Piscina Universitaria (Campus Sur) ou contactar telefonicamente no teléfono 981.56.31.00 nas extensións 15072, 15070, 15071 e 15073.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2007.