Aberto o prazo de inscrición do primeiro curso de formación de profesorado de español como lingua estranxeira en Lugo
A USC mantén aberto ata este mércores 18 o prazo de inscrición para participar no primeiro curso de formación para profesorado de español como lingua estranxeira que se impartirá no Campus de Lugo dende o 23 de novembro ata o 4 de decembro.
O curso, organizado conxuntamente polo departamento de Cursos Internacionais e o Centro de Linguas Modernas da USC, diríxese a estudantes de último curso ou licenciados en Filoloxía ou Traducción e Interpretación, a mestres de Primaria e Secundaria, e a docentes doutras disciplinas que busquen orientarse cara ao ensino de español como lingua estranxeira.
O ensino de español a estudantes estranxeiros é unha das saídas profesionais máis demandas polos estudantes de letras e disciplinas afíns, xa que abre un amplo abano de posibilidades laborais. Países como Brasil ou Noruega, que incorporaron recentemente o español nos plans curriculares do ensino regulado, requiren un elevado número de profesores desta lingua.