Ir o contido principal

Aberto o prazo de inscrición para as probas de nivel dos cursos do Centro de Linguas Modernas no segundo semestre

As persoas interesadas nalgún dos cursos de idiomas que oferta o Centro de Linguas Modernas da USC para o segundo semestre poderán realizar as probas de nivel que determinan o seu coñecemento dun idioma o próximo 27 de xaneiro, tanto en Santiago como en Lugo. A inscrición para realizar esta proba xa se pode realizar ata o próximo 26 de xaneiro. No campus lugués realizaranse probas de inglés, portugués e lingua de signos, mentres que en Santiago as correspondentes a alemán, árabe, catalán, danés, checo, chinés, francés, galego para non galego falantes, italiano, lingua de signos, portugués, ruso e xaponés. Polo que respecta de español como lingua estranxeira, está previsto que o vindeiro día 2 de febreiro se celebre unha proba de nivel correspondente ao curso semiintensivo que se celebrará entre febreiro e marzo e outra o día 13 de febreiro para o curso que se estenderá ao longo deste semestre.

O Centro de Linguas Modernas da USC, que este ano 2015 celebra o 40 aniversario da súa función como Instituto de Idiomas, completa a súa oferta académica cun amplo abano de cursos de cultura e literatura e con cursos de preparación para o DELE B2 e C1, ademais de ser centro examinador de diversas certificacións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2015.