Ir o contido principal

Aberto o prazo de matrícula para a nova escola de Running

Aberto o prazo de matrícula para a nova escola de Running
Aberto o prazo de matrícula para a nova escola de Running
Co gallo do décimo aniversario das rutas de sendeirimo, o Servizo de Deportes está a realizar unha sondaxe sobre a posibilidade dun ruta pola Illa da Palma

O Campus de Santiago incorpora ao seu catálogo de actividades deportivas unha escola de ‘ Running’ para a que xa está aberta o prazo de matrícula. O curso comezará o día 1 de febreiro e estenderase ata o 31 de maio. Quen estea interesados/a poderá participa nas sesións durante a primeira semana do curso na modalidade de ‘Portas abertas’ sen necesidade de formalizar a matrícula.

Tamén o día 1 de febreiro comezará o segundo cuadrimestre para a escola de natación. Na web do Servizo de Deportes xa están dispoñibles os horarios e as distintas modalidades desta escola.

Sendeirismo á Illa da Palma
Coincidindo co décimo aniversario do programa de actividades de sendeirismo da USC, o Servizo de Deportes mantén aberta ata o próximo 31 de xaneiro unha enquisa na que as persoas interesadas poden deixar constancia do seu interese por participar nunha ruta de sendeirimos pola illa da Palma. A información sobre o proxecto desta nova saída está dispoñible, xunto coa sondaxe.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2016.