Ir o contido principal

Aberto o prazo para participar no VIII Concurso de Postais de Nadal da Fundación Universidade de Santiago

Cartel do certame
Cartel do certame
O certame está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2017, ambos os dous incluídos
Santiago de Compostela

A Fundación Universidade de Santiago de Compostela acaba de convocar, por oitavo ano consecutivo, o seu certame de postais de Nadal. O concurso está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2017, ambos os dous incluídos, que concorran ao certame cunha postal que debe unir o Nadal e o Deporte. O premio do concurso consistirá nun vale de 100 euros para adquirir material deportivo e nunha praza no Verán CampUSC 2021. O debuxo gañador tamén formará parte da felicitación de Nadal que enviará este ano a Fundación.

O prazo para entregar os traballos rematará o 10 de decembro e a resolución do xurado farase pública o día 17 do mesmo mes. Esta edición do concurso está adaptada á actual situación sanitaria, polo que os traballos entregaranse de forma dixital por correo electrónico no procedemento que establecen as bases do certame. O xurado, composto por cinco persoas, reunirase por videoconferencia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2020.