Ir o contido principal

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas na elección de representantes no comité de dirección da EDIUS

A campaña electoral desenvolverase do 8 ao 12 de maio. FOTO: Santi Alvite
A campaña electoral desenvolverase do 8 ao 12 de maio. FOTO: Santi Alvite
Os comicios desenvolveranse na xornada do martes, 16 de maio, entre as 9.00 e as 19.00 horas
Santiago de Compostela

Ata o vindeiro 27 de abril, poden presentarse candidaturas para a elección de representantes no comité de dirección da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). A proclamación provisional de candidaturas producirase o 28 de abril, mentres que a definitiva terá lugar o día 5 de maio, logo da apertura dun prazo de recursos ante a Comisión Electoral Central que se estenderá entre o 2 e o 4 de maio.

A presentación de candidaturas e dos escritos relacionados con esta convocatoria deberá realizarse a través da aplicación electoral, antes das 14.00 horas do día no que remate o seu correspondente prazo de presentación. Para acceder á aplicación electoral os/as electores/as terán que identificarse mediante as claves de acceso corporativas da USC. O alumnado poderá acceder á aplicación dende a Secretaría Virtual. A campaña electoral desenvolverase do 8 ao 12 de maio, mentres que os comicios terán lugar o día 16 do mesmo mes, entre as 9.00 e as 19.00 horas.

A elección abrangue persoal docente e investigador vinculado a programas de doutoramento adscritos á EDIUS, estudantado matriculado nos programas de doutoramento adscritos á EDIUS e persoal de administración e servizos que desenvolve a súa actividade neste centro da USC. A proclamación provisional das candidaturas electas producirase o 22 de maio, mentres que a definitiva será o día 31 do mesmo mes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2023.