Aberto o prazo de presentación de candidaturas na elección de representantes de estudantes nas xuntas de centro

O censo definitivo na elección de representantes do estudantado de grao e mestrado nas Xuntas de Centro xa pode consultarse na web deste proceso electoral, logo da súa publicación este martes, 8 de novembro. Do 9 ao 18 de novembro, ábrese o prazo de presentación de candidaturas.
A proclamación provisional de candidatos/as darase a coñecer o 21 de novembro e os recursos ante a Comisión Electoral Central contra a devandita proclamación desenvolverase entre os días 22 e 24 do mesmo mes. O 25 de novembro producirase a proclamación definitiva e a campaña estenderase do 28 de novembro ao 12 de decembro.
Os comicios desenvolveranse o vindeiro 14 de decembro, en horario de 9.00 a 19.00 horas. Serán electores e elixibles as persoas censadas no sector de estudantes de conformidade coa normativa electoral.