Ir o contido principal

Aberto o prazo para presentar recursos contra o censo na elección de representantes de estudantes nas xuntas de centro

A publicación do censo definitivo terá lugar o día 8. FOTO: Santi Alvite
A publicación do censo definitivo terá lugar o día 8. FOTO: Santi Alvite
Ata o luns 7 de novembro poderán formalizarse os recursos ante a Comisión Electoral Central
Lugo, Santiago de Compostela

Dende este xoves 3 de novembro, e ata o día 7, esténdese o prazo de presentación de recursos contra o censo provisional, ante a Comisión Electoral Central, no marco da elección de representantes do estudantado de grao e mestrado nas Xuntas de Centro que se desenvolverán o vindeiro 14 de decembro, en horario de 9.00 a 19.00 horas. Serán electores e elixibles as persoas censadas no sector de estudantes de conformidade coa normativa electoral.

A publicación do censo definitivo terá lugar o día 8. Do 9 ao 18 de novembro, abrirase o prazo de presentación de candidaturas. A proclamación provisional de candidatos/as darase a coñecer o 21 de novembro e os recursos ante a CEC contra a devandita proclamación desenvolverase entre os días 22 e 24 do mesmo mes. O 25 de novembro producirase a proclamación definitiva e a campaña estenderase do 28 de novembro ao 12 de decembro. Toda a información relativa a este proceso pode consultarse nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2022.