Ir o contido principal

Aberto o prazo para solicitar bolsas de mobilidade para estudantes do programa Séneca en 2012-2013

Estudantes matriculados en universidades españolas ou en centros de educación superior que cursen estudos conducentes á obtención de títulos oficiais de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou arquitectura e que teñan obtido unha praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2012-2013. Este é un dos requisitos da convocatoria que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de abrir para outorgar axudas á mobilidade para estudantes universitarios Séneca para o vindeiro curso 2012-2013. O ministerio convoca un total de 2.224 bolsas cunha contía de 500 euros mensuais e unha axuda de viaxe única de entre 120 e 200 euros en función do desprazamento. O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 12 de maio. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a convocatoria en http://www.educacion.gob.es/dctm/sede/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/movilidad/de-estudiantes/seneca/2012-resolucion-convocatoria-escaneada.pdf?documentId=0901e72b8128049e.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2012.