Abre a inscrición nas probas de nivel do Centro de Linguas Modernas do día 20

Iníciase a nova convocatoria de idiomas para o segundo semestre
O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) abre este mércores 8 o prazo de inscrición gratuíta na proba de nivel do día 20 para asistir aos cursos do segundo semestre. Neste novo período en Lugo poderase estudar alemán, chinés, español como lingua estranxeira, galego para non galegofalantes, inglés, lingua de signose portugués. Pola súa banda, en Santiago ofrécese árabe, catalán, checo, chinés, danés, español como lingua estranxeira, francés, galego para non galegofalantes, lingua de signos, portugués, ruso e xaponés. Quen desexe iniciar o estudo dunha lingua pode matricularse xa por internet ata o 30 de xaneiro, mentres que o resto deberá facelo dende o día 22.