Ir o contido principal

Abre o prazo de inscrición para o curso de fotografía Fotocultur 2, que se desenvolverá en Lugo

A matrícula poderá realizarse ata o 20 de febreiro e as clases iniciaranse o 2 de marzo

A Oficina de Cultura do Campus de Lugo abre o luns 12 o prazo de inscrición para o curso de fotografía Fotocultur 2, que se engloba dentro do programa Espazo da Vicerreitoría de Cultura.
Esta acción formativa celebrarase do 2 de marzo ao 30 de abril, todos os luns, martes e xoves, de 20:00 a 21:30 horas, cun total de 40 horas lectivas. O contido do curso céntrase na realización de traballos prácticos, a experimentación a través de procesos de relación con outras áreas e a creación dun grupo fotográfico na USC.
O relator do curso será Eduardo Ochoa e as clases desenvolveranse na aula de fotografía do campus, situada no pavillón central da Facultade de Veterinaria.
O prazo de inscrición manterase aberto ata o 20 de febreiro ou ata completar as 12 prazas dispoñibles. O prezo do curso será de 60 euros para público en xeral e de 30 para os membros da comunidade universitaria. A matrícula pode realizarse na Oficina de Cultura do campus lugués, situada na praza Pío XII, ou chamando ao teléfono 982 28 59 00, extensión 21513.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.01.2009.