Abre o prazo de inscrición da nova edición do curso Planificación Estratéxica Municipal e Márketing Territorial ofrecido pola Fundación CEER
A Fundación CEER, a través do seu portal Web Campus Virtual, organiza unha nova edición do curso a distancia ‘Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Territorial’. Esta nova convocatoria responde á gran demanda de solicitudes e éxito alcanzados nas dúas edicións anteriores.
No curso, que será impartido de xeito virtual cunha extensión de 50 horas, ofértanse 50 prazas dirixidas á comunidade universitaria de Galicia e o norte de Portugal. Tamén está destinado a aquelas persoas que desenvolvan unha actividade profesional nunha estrutura empresarial, pública ou privada, con algunha responsabilidade, directa ou indirecta, nos procesos decisionais; ou todo aquel interesado en coñecer a relevancia e as ferramentas dispoñibles para a planificación estratéxica e o desenvolvemento territorial, no ámbito da Sociedade da Información.
Pode solicitarse
máis información a través do enderezo electrónico xestion [at] fceer.org (xestion[at]fceer[dot]org)