Ir o contido principal

Abren a matrícula os cursos sobre cine e valores, formación en voluntariado e mediación universitaria

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC xa ten aberta a matrícula para a súa oferta formativa no primeiro cuadrimestre que conforman os cursos de Cine e Valores, Formación Básica en Voluntariado e de Mediación Universitaria en Prevención e Saúde.
Máis de 6.000 estudantes xa participaron nestas iniciativas nas que tamén colaboran distintas Organizacións Non Gobernamentais e servizos relacionados. As actividades están recoñecidas con créditos de libre configuración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2008.