Ir o contido principal

Ábrese o prazo de matrícula nos cursos de idiomas da USC para este verán

Ábrese o prazo de matrícula nos cursos de idiomas da USC para este verán
Ábrese o prazo de matrícula nos cursos de idiomas da USC para este verán

O Centro de Linguas Modernas da USC abre este sábado 1 de xuño ata o día 25 a matrícula en 27 cursos intensivos de verán de 18 linguas diferentes cun total de 540 prazas ofertadas. Haberá unha proba de nivel para inglés e francés nos dous campus o día 17. Como novidade, en Santiago este ano poderase estudar vasco ademais de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, danés, eslovaco, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xaponés. En Lugo a oferta contempla aulas de alemán, francés, inglés, italiano, portugués e lingua de signos. Os cursos desenvolveranse en horario de 9:30 a 13:45 ou de 15:30 a 19:45 horas entre os días 8 e 19 do mes de xullo de 2013 en aulas de facultades dos Campus de Santiago e Lugo. Os cursos están pensados principalmente para o alumnado da USC que vaia estudar a unha universidade estranxeira cun programa de mobilidade durante o curso 2013-2014 pero tamén están abertos a outras persoas con interese nesas linguas así como a estudantes de ensino secundario que cumpran ao longo de 2013 os dezaseis anos. Na aprendizaxe darase maior importancia á práctica das destrezas orais que ás outras. Preténdese achegar ferramentas idiomáticas e comunicativas que permitan desenvolverse con certa soltura no país estranxeiro.

As persoas interesadas que precisen mais información poden chamar entre as 11.30 e as 14.00 horas ao teléfono 881814443, escribir ao enderezo electrónico clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es), acudir á Casa dos Catedráticos ou visitar seu perfil deFacebook.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2013.