Ir o contido principal

Abriu o prazo de inscrición para participar no proxecto Mentoring USC

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social abriu hoxe o prazo para que o alumnado poida inscribirse na III convocatoria do Proxecto Mentoring. USC de Desenvolvemento Profesional, unha iniciativa para facilitar o acceso ao mercado laboral que pon en contacto os estudantes con directivos e profesionais de empresas. O prazo remata o 5 de outubro.

Ao longo de cinco meses os mentores ofrecerán apoio aos alumnos para a toma de decisións de cara ao desenvolvemento da súa carreira profesional así como información sobre os perfís e requisitos máis demandados no mercado laboral.

O programa vai dirixido a estudantes de último curso de grado, graduados nos cursos 2015/16 e 2016/17 e estudantes de máster ou titulados de máster no curso 2016/17.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2017.