A Academia China de Ciencias Sociais e a USC acordan o intercambio de estudantes e docentes

Unha comitiva da Escola de Graduación da Academia China de Ciencias Sociais está estes días de visita na Universidade de Santiago para fortalecer as relacións existentes en materia académica. Aproveitando a súa estancia na institución compostelá, esta mañá asinaron un acordo para formalizar un proxecto de intercambio de alumnado e profesorado. Na sinatura participaron o secretario xeral da academia china, Zhang Zhengwen, e a vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido.