Ir o contido principal

Os accidentes de tráfico e a seguridade viaria, eixo de estudo dun curso que se impartirá en xullo en Muros

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago impartirá en Muros a partir do 29 de xullo o curso de verán ‘Accidentes de tráfico: unha abordaxe multidisciplinar, co que se pretende ofrecer, desde unha abordaxe multidisciplinar, unha visión integral dos accidentes de tráfico e da seguridade viaria.
Así, ao longo das 30 horas lectivas deste curso que dirixen Ramón Arce Fernández e Francisca Fariña Rivera, tratarase de aproximar aos asistentes aos aspectos psicosociais, sanitarios, legais e forenses da accidentabilidade no tráfico viario.
Tamén se analizará, desde unha perspectiva multidisciplinar, as repercusións físicas e psicolóxicas dos lesionados en accidentes de tráfico e afondarase nas achegas da prevención, avaliación e intervención no ámbito dos accidentes de tráfico e da seguridade vial.
A taxa xeral de matrícula para asistir a estas sesións que se desenvolverán ata o 31 de xullo na Casa da Cultura do Concello de Muros é de 120 euros. Existe un prezo reducido, de 70 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 17 de xullo), xa está aberto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.07.2009.