A acción protectora da Seguridade Social das vítimas de violencia de xénero maiores de 65 anos, eixo dun congreso

A Universidade de Santiago será o lugar no que se desenvolva o congreso ‘Os retos da acción protectora da Seguridade Social das mulleres vítimas de violencia de xénero maiores de 65 anos’, organizado no marco do Proxecto de investigación financiado a cargo das Axudas á investigación da USC para realizar proxectos que desenvolvan medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para 2025.
A cita terá lugar os días 10 e 11 de novembro en formato híbrido: en liña e presencial na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito. Quen desexe presentar comunicacións debe enviar o título xunto cun breve resumen (de non máis de 5.000 caracteres), a sagrario.cadenas.ruiz [at] usc.es (sagrario[dot]cadenas[dot]ruiz[at]usc[dot]es) antes do 25 de outubro.
As pensións compensatorias e as non contributivas, os requisitos de acceso á pensión de viudedade nos supostos de violencia de xénero, a protección das mulleres traballadoras vítimas de violencia doméstica, a discriminación interseccional as mulleres maiores de 65 na acción protectora da Seguridade Social, a violencia económica ou as queixas recibidas polo Defensor del Pueblo serán algunhas das cuestións a tratar neste encontro.
Entre as persoas relatoras figuran profesoras de diversas áreas e departamentos da Facultade compostelá de Dereito así como colegas doutras universidades españolas como as de Deusto, valencia ou La Rioja e portuguesas como a de Coimbra ou o Instituto Politécnico do Porto.