Achegas da USC na Feira do Libro de Bos Aires
A produción editorial da USC está de actualidade estes días na 42ª Feria Internacional do Libro de Bos Aires, onde á Biblioteca de Divulgación da USC, presentada hai uns días, se sumou o libro Identidad, memoria e historia, editado igualmente polo Servizo de Publicacións.
Esta última é unha obra que de cuxa edición se encargou o profesor Marcelino Agís Villaverde e na que interviñeron como coordinadores Carlos Baliñas Fernández, Javier Barcia González, José Luis Pastoriza Rozas e Jesús Ríos Vicente e que recolle as achegas realizadas aos XII Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago celebrados na USC en 2013.