Ir o contido principal

Acordos do Consello do Goberno

O Consello de Goberno reuniuse na tarde deste xoves para tratar diversos asuntos, entre eles, a proposta de protocolo de cooperación que asinará coa Xunta de Galicia e o Sergas para o futuro complexo de edificios de Ciencias da Saúde da USC na Choupana.

Dáse así un paso máis na definición do futuro novo edificio que deberá dimensionarse de xeito adecuado para dar resposta ás necesidades das titulacións en Ciencias da Saúde. Na actualidade o xurado convocado pola USC traballa na resolución dun concurso de ideas para a selección do anteproxecto que dará forma ao futuro Complexo. Conforman o xurado representantes da universidade compostelá, do Sergas, do Concello de Santiago, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da área de Aforro e Eficiencia Enerxética del Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

Na xuntanza do Consello tamén se trataron diversas cuestións administrativas como nomeamentos, prórrogas de profesorado ad honorem ou propostas de cambio de denominación de Departamentos, ademais do regulamento de protección, explotación e participación de resultados de investigación xerados na USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2016.