A actividade emprendedora en Galicia continuou a súa recuperación en 2012

Galicia continuou en 2012, por segundo ano consecutivo, a recuperación da actividade emprendedora, segundo a oitava edición do informe Global Entrepreneurship Monitor (GEM). O reitor Juan Casares, xunto ao conselleiro de Economía, Francisco Conde; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández; e o director xeral do IGAPE, Javier Aguilera, presentaron este venres os principais indicadores do informe. GEM mide a actividade emprendedora e arroxa tendencias, non datos sobre o rexistro anual de empresas, considerando o emprendemento como un proceso con diferentes fases que van dende la intención mesma de poñer en marcha unha iniciativa de negocio ata a súa implantación, consolidación ou abandono. Así, a tendencia de recuperación rexistrada polo estudo o pasado ano tradúcese nun índice de actividade emprendedora incipiente (TEA) do 5,13%, fronte ao 4,72 de 2011, que se corresponde coa porcentaxe de poboación adulta involucrada en iniciativas emprendedoras de menos de tres anos e medio de vida. Para poder proporcionar datos fiables sobre actividade emprendedora, realizouse unha enquisa aleatoria nas catro provincias galegas a un total de 2.000 persoas e entrevistáronse a 36 expertos, entre empresarios e profesionais. Isto permitiu analizar, entre outras cuestiones, as razóns que conducen a emprender, detectando un importante aumento do emprendemento por necesidade (31,05%), que practicamente se duplicou respecto a 2011. Pero non so aumentou o número de persoas que decidiron iniciar un negocio ante a falla de opcións para obter ingresos en 2012, senón tamén o dos que, tras emprender para aproveitar unha oportunidade de negocio, buscaban incrementar os seus ingresos (39,40%). Nivel de estudios O informe identifica en 2012 diferenzas significativas entre emprendedores con estudos universitarios e sen eles, testando que aínda que os/as universitarios/as manifestaron unha maior intención emprendedora e puxeron en marcha máis iniciativas, foron as persoas sen estudos universitarios as que conseguiron un maior nivel de consolidación das súas iniciativas. Tamén se detectou un incremento da porcentaxe de novos emprendedores universitarios (entre 25 e 34 anos) e que a gran maioría dos emprendedores eran empregados activos, sendo a porcentaxe dos universitarios (93,5%), case 10 puntos superiores ao dos emprendedores non universitarios. Os datos tamén sinalan que os emprendedores universitarios mostraban maiores expectativas de aumentar o cadro de persoal no futuro, o 86,78% dos casos manifestaban o seu optimismo sobre esta cuestión, fronte ao 64,94% de emprendedores non universitarios.