Acto de acollida e sesión informativa para o alumnado de IV Ciclo da USC na Escola Politécnica Superior do Campus Terra
O coordinador da programación do IV Ciclo Universitario da USC no Campus Terra, o profesor Emilio Carral Vilariño, guiará este martes 27 de setembro, a partir das 17.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior, unha sesión informativa orientada ao novo estudantado matriculado no programa de formación de maiores da USC para o curso 2016-2017.
Esta xornada de acollida e encontro co alumnado sénior servirá para tamén para aclarar cuestións ou dúbidas relativas a horarios, materias e lugares onde se desenvolverán as clases, ademais de informar sobre a posibilidade de facer modificacións de matrícula. Os responsables da Asociación do IV Ciclo Universitario da USC no Campus Terra aproveitarán asemade esta xornada para informar aos asistentes do abano de actividades que programan cada ano, así como dos requirimentos e trámites que deben cumprimentar aquelas persoas que desexen facerse socios.