Ir o contido principal

Acto de entrega de becas do Colexio Maior Fonseca

O Colexio Maior Fonseca entregará este mércores 18 as súas becas, insignias e diplomas nun acto que presidirá o reitor Juan Viaño ás 20.30 horas e no que tamén participará a secretaria xeral da USC, Consuelo Regueiro.

Logo da presentación da cerimonia a cargo do director do Colexio, Rubén Miranda, tomará a palabra o catedrático de Dereito Administrativo, Luis Míguez Macho, que ademais recibirá a Beca de Honra xunto con Teresa Freiría García.

No acto intervirán ademais os colexiais Anxo Vidal e María Rivas como representantes da promoción e Xurxo Fernández Gallego dos finalistas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2018.