Ir o contido principal

Acto de entrega de insignias e de premios aos novos titulados como enxeñeiros agrónomos na EPS

O responsable dos colexiados do norte de Portugal ofrecerá unha conferencia durante o acto

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia fará entrega este xoves, ás 18:00 horas, das insignias aos novos titulados durante o ano 2007 e na convocatoria de febreiro do 2008 nesta especialidade na Escola Politécnica Superior. Ademais entregaranse os premios aos mellores proxectos fin de carreira e estudos técnicos, coincidindo coa celebración do patrón, San Cidre.
Serán un total de 29 persoas as que recibirán esta distinción, que outorga o Colexio segundo un convenio de colaboración coa USC.
O acto terá lugar na Sala de Xuntas da EPS coa presenza do decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Ramón Giménez de Azcárate Cornide; o delegado provincial en Lugo desta institución, Javier José Cancela, e o director da Escola Politécnica, Javier Bueno.
No transcurso do acto, o coordenador do Conselho do Colégio de Engenharia Agronómica-Ordem dos Engenheiros Norte de Portugal, Vitor Correia, impartirá unha conferencia titulada ‘A Engenharía Agronómica no Norte de Portugal’. A participación deste especialista luso está determinada polo inicio de relacións entre as entidades dos dous países coa finalidade de mellorar as relacións e a mobilidade entre ambos.
No acto tamén se fará entrega dos premios aos tres mellores proxectos e estudos técnicos fin de carreira, que tamén concede o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia para impulsar o desenvolvemento dos traballos técnicos, científicos, culturais e sociais relacionados coa profesión.
Na categoría de Proxecto Fin de Carreira, se conceden tres premios dotados economicamente con 600, 300 para os dous primeiros. No aparto de estudos técnicos a contía económica é de 400 e 200 euros para os dous primeiros dos tres distinguidos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2008.