Ir o contido principal

Acto fin de estudos da primeira promoción do grao en Óptica e Optometría

A primeira promoción do grao en Óptica e Optometría celebrará este sábado 21 un acto fin de estudos que presidirá o reitor Juan Viaño a partir das 17.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Os alumnos Esther Uroz Segura e Jonathan Santiago Iago representarán ao alumnado no inicio da sesión, seguidos das palabras que pronunciarán a madriña da promoción Eva Punín e o presidente da delegación rexional do Colexio Nacional de Ópticos e Otpmetristas, Eduardo Eiroa Mene. A decana da Facultade de Óptica e Optometría, Luz Gigirey, dará paso á entrega de diplomas conmemorativos desta xornada e da presentación por parte dunha representación do alumnado dos momentos máis salientables ao longo destes últimos catro anos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2014.