Acto de graduación dunha nova promoción do IV Ciclo Universitario
Os 31 alumnos dunha nova promoción do IV Ciclo Universitario da USC celebrará este venres 13 a súa graduación nun acto ás 12:00 horas no Salón Nobre do Colexio se Fonseca. Presidida polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos, na sesión participarán ademais o director do IV Ciclo, Manuel Botana, e o padriño da promoción, o profesor José Miñones Trillo.
O IV Ciclo é un programa de formación dirixido a alumnos maiores de 50 anos, con independencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación reguladas, que cada vez en maior medida esixe a composición demográfica da poboación. Este ciclo formativo busca, dende o seu comezo en outubro de 1997, a integración conceptual do programa nos demais ciclos que se imparten dentro desta Universidade.