Acto de graduación dunha nova promoción da Licenciatura en Medicina

O reitor Senén Barro presidiu este mércores o acto académico de graduación da Licenciatura en Medicina, nunha sesión que se celebrou no Palacio de Congresos de Galicia.
O evento comezou coas intervencións dos docentes Isabel Salazar Bernard e Manuel Freire-Garabal, padriños desta promoción, aos que lle seguiu Felipe Trillo Taboada en representación do alumnado. A entrega de diplomas acreditativos e a intervención do decano do centro, José M. Fraga, precederon á lectura da Declaración de Xenebra. Finalmente o reitor Senén Barro clausurou este acto protocolario.