Acto de graduación dunha nova promoción da Licenciatura en Odontoloxía

O reitor Juan Casares presidiu este venres 9 no Colexio de Fonseca o acto de graduación dunha nova promoción da Licenciatura en Odontoloxía da USC, á correspondente ao período 2005-2010. A sesión celebrouse no Salón Nobre.
Na quenda intervencións tomaron a palabra, ademais do reitor e do decano da Facultade, José Mª. Fraga, unha representación do alumnado, composta por Alejandra Costas e Sergio Martínez, e o padriño da promoción, Javier Hevia del Río. Logo de dar lectura ao Xuramento Hipocrático, procedeuse á entrega de diplomas conmemorativos.
Á sesión asistirion ademais a vicedecana da Facultade, Mª Jesús Mora; e os presidentes dos Colexios Oficiais de Odontólogos da Coruña, José M. Suárez Quintanilla, de Ourense e Pontevedra, José Manuel Álvarez Vidal, e de Lugo, Alejandro López Quiroga.
A graduación celebrouse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca