Acto de imposición da Insignia de Ouro da USC aos integrantes do Consello de Dirección entre 2014 e 2018
O reitor Juan Viaño imporá este venres 4 a Insignia de Ouro da USC a integrantes do equipo de goberno no período comprendido entre 2014 e 2018. A sesión celebrarase a partir das 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. A Insignia de ouro da USC concédea o reitor a aquelas persoas físicas que sobresaian dun xeito especial nos servizos prestados á institución académica compostelá.
No acto deste venres, recibirán esta honra universitaria as vicerreitoras Rosa Crujeiras Casais, Almudena Hospido Quintana e María do Carme Silva Domínguez; os vicerreitores Luís Lima Rodríguez, Andrés Barreiro Lois, José Pereira Fariña e Carlos Alberto Salgado López. Tamén recibirán a distinción a secretaria xeral Consuelo Ferreiro Regueiro, a comisionada para a Gobernanza das TIC e Estratexia de Titulacións, María José Carreira Nouche, e o adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos Yáñez.
No meso acto, o reitor agradecerá igualmente a especial contribución ao goberno da USC dos restantes membros do Consello de Dirección entre 2014 e 2018 aos que xa lles fora concedida a Insignia: as vicerreitoras Isabel Rodríguez-Moldes Rey e María Dolores Álvarez Pérez; os vicerreitores Roberto Javier López López e Javier Bueno Lema e ao xerente José Manuel Villanueva Prieto.