Ir o contido principal

Acto protocolario de entrega da Insignia Fonseca a 149 traballadores da USC

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este mércores 16 a entrega da Insignia Fonseca a 149 integrantes do Persoal de Administración e Servizos (PAS) e Docente e Investigador (PDI). Esta distinción entrégase aos traballadores da USC que prestasen os seus servizos durante máis de 30 anos na Institución Universitaria en dedicación exclusiva ou por tempo equivalente.

O reitor en funcións Senén Barro preside este acto que comezará ás 12:00 horas coa presenza ademais do presidente do Consello Social, Manuel Puga, de integrantes do equipo de goberno e de María Teresa Angulo Carballal e de Carlos Acuña Castroviejo que intervirán en representación dos traballadores que reciben esta insignia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2010.