O actor Ernesto Chao conversa con universitarios no Colexio Maior San Clemente
A asociación Colexio Maior San Clemente recoñeceu recentemente ao actor e director teatral Ernesto Chao Pino como o personaxe galego do curso 2008-2009 “por ser referente para moitos galegos e galegas” tras o seu papel de Miro Pereira na serie ‘Pratos Combinados’ da TVG.
Por esta razón, Ernesto Chao acudirá este xoves 16 ao Colexio Maior San Clemente para conversar cos universitarios e con calquera persoa interesada na súa traxectoria, nunha actividade integrada dentro do programa ‘Martes de Marzal’ da Asociación. A charla será ás 22:00 horas no Salón de Actos do Colexio.