Ir o contido principal

Os actores e actrices de ‘Apnea (variación 2ª)’ acadan o premio do xurado do Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior

‘Apnea (2ª variación)’ é a proposta escénica que a Aula de Teatro de Santiago preparou para este curso
‘Apnea (2ª variación)’ é a proposta escénica que a Aula de Teatro de Santiago preparou para este curso

O xurado do XVIII Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal) decidiu outorgar un premio á mellor interpretación ao conxunto de actrices e actores da montaxe ‘Apnea (2ª variación)’, obra que a Aula de Teatro da USC presentou neste festival a finais de marzo. ‘Apnea (variación 2ª)’ é a peza que a Aula de Teatro da USC estrou o pasado decembro e no que pon en escena unha visión crítica da Galicia actual a partir dun texto orixinal do propio director da compañía, Roberto Salgueiro. Compoñen o elenco de actores e actrices Marcos Montiel, Alba López, Carlos Hermida, Aldara Cidrás e Miguel Gendre.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2014.