Ir o contido principal

Administración e Dirección de Empresas celebra este sábado o acto de licenciatura

A promoción 2003-2008 de Administración e Dirección de Empresas celebra este sábado, día 26, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia o seu acto de licenciatura.
Son cento oitenta os alumnos que este ano acaban a carreira e que acudirán o sábado ás 17:30 horas ao acto presidido polo vicerreitor de Economía e Financiamento, Miguel Angel Vázquez Taín. Intervirán ademais a decana da facultade, María Teresa Cancelo; o presidente do Colexio de Economistas, Roberto Pereira; o profesor Juan Luis Castromán Díaz e o alumno Pedro Pazos López.
A promoción está apadriñada polo presidente de Blu:Sens, Ramon García.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2008.