As administracións captan talento no Campus de Lugo

A Administración Xeral do Estado busca talento mozo entre os estudantes e titulados universitarios do Campus de Lugo da USC a través dunha sesión virtual na que se deu conta da existencia de máis dun centenar de prazas xestión da función pública nas escalas de técnicos superiores das áreas de Sanidade ou, entre outras, Consumo, ás que poden concorrer as persoas tituladas en Enxeñaría Agrónoma e en Veterinaria.
O secretario Xeral de Función Pública, Javier Rueda Vázquez, que actuou como moderador desta sesión virtual, foi o encargado de ofrecer a benvida a todas as persoas que seguiron en liña á sesión informativa organizada por Función Pública xunto coa USC e na que tamén interviñeron as vicerreitoras de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo Moledo, e de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto.
A xornada, promovida co obxecto de dar a coñecer as posibilidades de traballo ofrecen as diversas administracións públicas e garantir a suficiente incorporación de persoas ao sector público para favorecer así prestación de servizos estivo estruturada en diversos relatorios, exposicións que deron visibilidade ás posibilidades de acceso ao mercado laboral que ofrece o Corpo Superior de Administracións Civís do Estado.
Teresa Martínez de Marigorta Tejera, da Dirección Xeral de Función Pública, abriu a quenda intervencións. De seguido, María Luisa Vinader Marquina falou sobre os cometidos que poden desenvolver as persoas tituladas en Veterinaria na escala técnica de xestión das áreas de Sanidade e Consumo. A enxeñeira agrónoma Elena Ulloa Calvo pechou a quenda de relatorios cunha exposición sobre a Enxeñaría Agrónoma na escala de titulados superiores do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.