Ir o contido principal

Alberto Escobar gaña o XI Premio José María Cervelló de Dereito cun ensaio sobre efectos xurídicos do ‘Brexit’ para as empresas

Alberto Escobar Rivas
Alberto Escobar Rivas
O graduado en Dereito pola USC vén de completar un máster na Universidade de Oxford, onde mereceu a distinción de mellor alumno do curso na súa disciplina

O graduado en Dereito pola USC e Premio Extraordinario 2016, Alberto Escobar Rivas, vén de ser galardoado co XI Premio José María Cervelló dos Negocios, un certame convocado polo IE Law School e dotado cunha gratificación en metálico de 30.000 euros, doados polo despacho Ontier.

Este pontevedrés obtivo o XI Premio José María Cervelló dos Negocios, unha edición na que as candidaturas participantes debían abordar e afondar sobre as consecuencias xurídicas que depara para as empresas a saída do Reino Unido da UE cun ensaio titulado aberta á cun ensaio titulado ‘And here remain with your uncertainty!: The consequences of Brexit for Business Law’.

Logo de completar os estudos do grao en Dereito na USC, Alberto Escobar Rivas acadou unha bolsa para ampliar a súa formación xurídica e cursar un master na Universidade de Oxford, onde recibiu o premio académico ‘Lady Maria Allen’. Asemade, tras completar este posgrao, Escobar Rivas tamén foi distinguido co ‘Law Faculty Prize in European Private Law: Contract, un galardón que o recoñece como o mellor alumno do curso na disciplina en cuestión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.09.2017.