Ir o contido principal

O alcalde de Ferrol visita a Estación de Bioloxía Mariña da Graña

O profesor Victoriano Urgorri, á dereita, guiou a visita de Jorge Suárez e Esther  Leira
O profesor Victoriano Urgorri, á dereita, guiou a visita de Jorge Suárez e Esther Leira
O alcalde de Ferrol visita a Estación de Bioloxía Mariña da Graña

A Estación de Bioloxía Mariña da Graña da USC recibiu a visita do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e da concelleira de Medio Ambiente, Esther Leira, aos que acompañou o director deste centro de investigación, o catedrático Victoriano Urgorri.

Nesta primeira visita do rexedor, coñeceron as distintas instalacións da estación nas repartidas nas dependencias da Casa da Estrela e Casa do Hórreo, e que acubillan laboratorios, zona de residencias para estudantado e persoal investigador así como os medios acuáticos do peirao. O alcalde manifestou a súa satisfacción polo traballo deste centro investigador destacando o “gran potencial” das instalacións das que marchou “gratamente sorprendido”.

Pola súa banda, o director Victoriano Urgorri referiuse ao enorme potencial produtivo dunha ría que adoece de contaminación pola enorme carga que leva soportando durante anos e amosou a súa disposición a colaborar co Concello dentro das súas capacidades. Neste senso, asegurou que a de Ferrol “é unha ría excepcionalmente produtiva dende o punto de vista pesqueiro, marisqueiro e tamén da diversidade”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2021.