Alejandro Bustamante e Patricia Arauzo ofrecen este mércores un concerto de violín e piano na Casa do Saber
O violinista Alejandro Bustamente, acompañado ao piano de Patricia Arauzo, ofrecerá este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber do campus de Lugo un concerto no marco do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’.
Os protagonistas desta sesión de música clásica, dous novos valores que recalan en Lugo da man do programa Clásicos en Ruta, promovido pola Asociación de Intérpretes e Execuntantes (AIE) ofrecerán un repertorio integrado por pezas de García Abril, J. Brahms e Beethoven. O concerto comezará ás 20.00 horas , do mesmo xeito que todas as actividades promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e USC, e de entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.