Ir o contido principal

Unha alumna do CPR Fogar Santa Margarida da Coruña gaña o V Concurso de Relatos Curtos 'Cómo te imaxinas na USC?'

O xurado da quinta edición do Concurso de Relatos Curtos ‘Cómo te imaxinas na USC?’ decidiu por unanimidade outorgar o primeiro premio á alumna Noemí Cano Rodríguez, do CPR Fogar Santa Margarida (A Coruña), polo seu traballo ‘Abafada de soños’. O premio consiste nun ordenador portátil para a gañadora e outro para o centro onde cursa estudos.
A mención do concurso recaeu no traballo ‘A revolta interior’ presentado pola alumna Sandra Dacal Pérez, do IES As Lagoas (Ourense), que recibirá como agasallo un teléfono móbil e outro para o instituto ao que pertence.
Os premios entregaranse o 11 de xullo no Auditorio de Galicia nun acto público presidido polo reitor Senén Barro, que estará acompañado polo alcalde do Concello de Santiago, o presidente do Consello Social da USC, un representante da CiUG da USC, o director do IES Rosais II de Vigo, o presidente do xurado do concurso de Relatos Curtos e o coordinador do Programa ‘A ponte entre o Ensino Medio e a USC’ no que se enmarca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2008.