Ir o contido principal

Unha alumna do IES Rosalía de Castro gaña o Concurso de Relatos Curtos ‘Cómo te imaxinas na USC?’

A estudante Noelia María Muiño González, do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, resultou a gañadora da sétima edición do Concurso de Relatos Curtos ‘Cómo te imaxinas na USC?’ que convoca o Programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio da Universidade compostelá’ e no que participan institutos e centros privados de ensino medio das catro provincias galegas O xurado decidiu outorgarlle o primeiro premio polo seu traballo ‘Conversas’, no que destacan a diversidade de temas, o compromiso social, o contacto coa realidade e a calidade narrativa e descritiva. O premio consiste nun ordenador portátil para a alumna e outro para o centro onde cursa estudos. Tamén do IES Rosalía de Castro é a merecedora da mención especial, a alumna Laura Villar Gómez, que no seu relato ‘Arte’ formula unha visión creativa da universidade como centro emisor de cultura. Recibirá como agasallo un teléfono móbil e outro para o instituto ao que pertence. Os premios entregaranse nun acto público presidido polo reitor que terá lugar o 9 de xullo no Auditorio de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2010.