Ir o contido principal

Alumnado chinés organiza unha xornada de degustación de comida tradicional do seu país no Colexio Maior Fonseca

Tortilla de cabaciña, porco con pementos, tres delicias terrestres, ensalada de brócoli ou patacas salteadas chinesas con pementos. Estes son algúns dos pratos que alumnado chinés da USC preparará nunha xornada gastronómica o próximo venres 16 na cafetería do Colexio Maior Fonseca a partir das 19.00 horas. Ademais desta mostra de gastronomía tradicional auténtica chinesa, tamén está prevista a celebración dun obradoiro de caligrafía chinesa.

Esta é unha iniciativa promovida por estudantado chinés na universidade compostelá que busca o intercambio cultural entre alumnado da USC, nesta ocasión a través da gastronomía oriental. Para acceder a esta actividade será preciso aboar 4€ que dan dereito á consumición dos distintos pratos. Para participar, é preciso rexistrase na web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2016.