Alumnado de Filoloxía reflexiona sobre a representación feminina na literatura
Alumnado de Filoloxía desenvolve este mércores na facultade a I Xornada ‘Mulleres nas Letras: Presente e Futuro’, concibido como espazo de visibilización de novas escritoras e de reflexión sobre a representación feminina nos relatos breves. O encontro, que se inaugura ás 16:00 horas no Salón de Graos do centro, comezará cunha mesa redonda sobre a experiencia de escribir na que participarán Man Li, Ana Rita Soares, Eba Reiro e Tamara Andrés. Continuará a sesión coa presentación do libro Os pantalóns nunca foron cousa boa e do fanzine Tigermilk. Por último, Tania Figueiras Campos e Andrea Tomé explicarán o seu proxecto sobre a representación feminina nos relatos breves. Na organización da xornada colabora a Oficina de Igualdade de Xénero da USC.