Ir o contido principal

Alumnado de Traballo Social coñece o labor do Centro de Recuperación Integral para Mulleres

Alumnado de Traballo Social coñece o labor do Centro de Recuperación Integral para Mulleres
Alumnado de Traballo Social coñece o labor do Centro de Recuperación Integral para Mulleres

Un grupo de estudantes da especialidade de xénero do grao en Traballo Social realizou unha visita ás instalacións do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de Xénero (CRI) de Santiago de Compostela. Na visita acompañou o grupo a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

O obxectivo deste centro é ofrecer unha atención integral a mulleres vítimas de violencia de xénero a través dun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico que evitan duplicidades e racionalizan a xestión. Ademais actúa como centro de formación na loita contra a violencia de xénero para profesionais, voluntariado e cidadanía en xeral e como centro impulsor de grupos de autoaxuda, intervención e coñecemento entre mulleres vítimas da violencia.

A USC e a vicepresidencia da Xunta asinou o pasado ano un convenio de colaboración educativa para a realización de práctica académicas externas para alumnado de distintas especialidades. A súa finalidade é establecer un programa para a realización de prácticas nas instalacións da Secretaría Xeral de Igualdade así como no propio CRI, posibilidade da que xa se beneficiou alumnado de Traballo Social entre o pasado ano e comezos de 2017.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2017.